O HP EliteBook 1020 vístese de negro e cobre

martes, 14 de xullo do 2015 Marcus Fernández

A finais do ano pasado HP presentou unha interesante alternativa aos Macbook Air de Apple, o HP EliteBook Folio 1020, que presentan un deseño ultra-delgado (15,7 milímetros) e un peso de só 1 quilogramo na súa versión con carcasa de aliaxe de magnesio e fibra de carbono, polo que sería un dos equipos deste tipo máis lixeiros e delgados do mercado, e de cara ao lanzamento de Windows 10 prepara o lanzamento dunha revisión parece querer despegarse esteticamente do equipo de Apple e conseguir impactar visualmente cunha carcasa negra/gris escura con acabados en cor cobre, que complétase con altofalantes Bang & Olufsen, conseguindo así un equipo máis que destacable.
Lembremos que estes equipos contan cunha impresionante pantalla de 12,5 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles, resistencia a temperaturas extremas, humidade, golpes e caídas (MIL-STD 810G), un funcionamento silencioso (carecen de ventilador interno) almacenamento SSD e unha autonomía de até 9 horas, ou sexa, que falamos de ordenadores portátiles de alta gama con prezos que superan os mil cincocentos euros, o que fai que sexa unha compra a considerarse con certa calma, en boa medida porque funcionan cun procesador Intel Core M, pensado máis na autonomía que na potencia, polo que sería máis comparable co novo MacBook (aínda que sen as limitacións de ter un único porto USB-C), equipo que aínda non estaba no mercado cando saíu o primeiro ordenador desta serie.

Este portátil de HP chega cunhas dimensións e un peso lixeiramente superiores ao novo MacBook

PUBLICIDADE