O Honor Magic 2 preséntase como un dos novos móbiles todo pantalla
mércores, 31 de outubro do 2018
A segunda
marca de Huawei vén de presentar o seu novo smartphone insignia, o Honor Magic 2,
polo momento só dispoñible para o mercado chinés a un prezo de 3.799 iuans (481
euros) no seu modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, de 4.299 iuans
(544 euros) con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e de 4.799 iuans (608
euros) con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, deixando claro que a marca
Honor tamén pode apuntar alto en prezo e prestacións.
Este novo smartphone chega cun procesador Kirin 980, pantalla AMOLED Full HD+
de 6,39 polgadas e unha curiosa configuración de cámaras, contando con cámara
traseira tripla (unha cámara principal de 16 MpÃxeles, unha cámara monocromo de
24 MpÃxeles e unha super grande angular de 16 MpÃxeles) mentres que na súa
frontal presenta unha cámara de 16 MpÃxeles apoiada por un par de cámaras de
apoio de 2 MpÃxeles para conseguir distintos efectos e que destaca por estaren
agochadas nun módulo deslizante, o que, sumado a un lector de pegadas detrás da
pantalla e tecnoloxÃa de recoñecemento facial 3D, permite que esteamos ante un
dos cada vez máis frecuentes móbiles todo
pantalla.
Este novo teléfono tamén conta con dobre nano SIM, NFC, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0
e baterÃa de 3.500 mAh con carga rápida por USB-C (capaz de completar o 85% da
súa carga en 30 minutos). Ao prescindir de toma de auriculares, inclúe un
adaptador de USB-C a jack de 3,5 milÃmetros.
VÃdeo de presentación do Honor Magic 2