O Kindle Paperwhite estrea resistencia á auga
martes, 16 de outubro do 2018
Os lectores de libros electrónicos de Amazon son os
grandes referentes do mercado, e o produto máis popular da familia o Kindle Paperwhite,
que vén de renovarse, de xeito que a partires do 7 de novembro estarÃa
dispoñible co dobre de almacenamento interno e cunha caracterÃstica que para
moitos resulta especialmente atractiva: resistencia á auga.
Dado que os Kindle son produtos que é habitual levar á praia ou á piscina,
principalmente porque as pantallas de tinta electrónica permiten a lectura
baixo a luz do sol (algo que non permiten as tabletas), que conte con
resistencia IPX8 fai que poidan levarse con certa seguridade preto da auga ou
incluso para os máis relaxados que queren ler na bañeira.
O novo Kindle Paperwhite
parte dun prezo de 129,99 euros para a súa versión con 8 Gb de almacenamento,
conectividade Wi-Fi e ofertas especiais, mentres que a versión máis cara, con
4G de balde, 32 GB de almacenamento e sen ofertas especiais chega aos 229,99
euros.
Lembremos que o Kindle Paperwhite é un lector de libros electrónicos con
pantalla táctil de 6 polgadas cunha resolución de 300 puntos por polgada con iluminación
integrada (5 LED), un tamaño de 167 x 116 x 8,2 milÃmetros, 182-191 gramos de
peso e unha baterÃa que dura semanas cunha única carga.