O LG G4 comezará a actualizarse a Android 6.0 a vindeira semana
xoves, 15 de outubro do 2015
O ano pasado LG sorprendeu estreando Android 5.0 nos
seus LG G3 incluso antes de que Lollipop
chegase a algúns produtos da familia Nexus, e dado que a semana
pasada comezou a distribución de Android 6.0 para os smartphones Nexus, a
compañÃa surcoreana non quixo ser menos, e anunciou
que o LG G4 comezará a recibir a actualización a Marshmallow a semana que vén, comezando polos usuarios de
Polonia.
A actualización achegará un sistema de administración de permisos que achega un
control máis transparente para o usuario; o modo de silencio do móbil bloqueará
son e vibración; o modo Non Molestar bloqueará todos os sons ou só alarmas e
notificacións; e espérase unha mellora na autonomÃa dos terminais grazas a un
novo modo que pecha aos procesos en segundo plano de certas aplicacións que non
están en uso (reducindo o consumo).
A chegada de Android 6.0 aos smartphones de LG irase anunciando de xeito
individual para os distintos mercados, onde se detallará os terminais que
recibirán esta agardada actualización (esperándose que incluso a reciban algúns
modelos que quedaran no seu dÃa sen Lollipop).