O LiveScribe Smartpen quere revolucionar o xeito de tomar apuntes

xoves, 31 de maio do 2007 Marcus Fernández

LiveScribe está a preparar o lanzamento comercial do seu Smartpen, un revolucionario dispositivo con forma de bolígrafo que permite rexistrar o que se escribe así como gravar son, de xeito que sería un accesorio ideal para tomar notas en conferencias ou clases.
O Smartpen compleméntase con papel dotado de tecnoloxía Dot Positioning System, que crea documentos interactivos mediante a impresión por micropuntos.
O uso práctico desta tecnoloxía de LiveScribe é evidente, pois un estudante pode así tomar notas en clase e logo consultar se as tomou ben accedendo á gravación sonora da mesma.
Agárdase a comercialización do Smartpen para o outono a un prezo inferior ós 200 dólares.
No D5 de San Francisco púidose ver unha presentación desta tecnoloxía:

PUBLICIDADE