O Logitech Flight System G940 engade realismo aos simuladores de voo
mércores, 3 de xuño do 2009
Nuns dÃas nos que os
videoxogos centran a información tecnolóxica grazas ao E3 non podÃa faltar o
anuncio dalgún tipo de periférico para o ordenador, e entre tipo de
dispositivos destacamos o Logitech
Flight System G940, que serÃa un completo conxunto de controis para
simuladores de voo. Estes periféricos están inspirados nos mandos de avións e
helicópteros tanto comerciais coma militares, e están compostos por un
joystick con force feedback, dobre
acelerador e unha panca de temón.
Conéctase ao PC por USB, conta con numerosos botóns programables, é compatible
coa meirande parte dos simuladores de voo para PC (incluÃndo o Microsoft Flight Simulator X, IL-2 Sturmovik: 1946 e Lock On: Modern Air Combat X-Plane 9) e
todo cun realismo impresionante polo que haberá que agardar ata setembro, cando
sairá á venda por uns 279 euros.
Presentación do Logitech Flight System G940