O Moleskine Smart Writing Set permite rexistrar dixitalmente as notas feitas a man

mércores, 6 de abril do 2016 Marcus Fernández

Para facilitar a dixitalización das nosas notas feitas a man existen numerosas solucións tecnolóxicas dende hai anos, e unha das compañías que quere contribuír a atender esta demanda é Moleskine, que pon á venda o seu novo Smart Writing Set, que inclúe unha libreta Paper Tablet, cun papel cun deseño de puntos para o seu uso co Pen+, un bolígrafo intelixente tamén incluído, paro o que tamén se inclúe un cable de USB para recargar a súa batería interna e 1 punta de recarga de tinta.
Con esta solución búscase que o usuario escriba na libreta mentres a tecnoloxía Ncoded permítelle recoñecer a ubicación do Pen+ na Paper Tablet e así poder capturar cada trazo do bolígrafo para plasmar os contidos do papel na pantalla dun dispositivo móbil que conte coa aplicación Moleskine Notes instalada (dispoñible de balde na App Store). Isto permite rexistrar texto e ideas.
Esta curiosa solución véndese a un prezo de 229 euros, o que pode resultar excesivo, especialmente se temos en conta que moitos usuarios conformaríanse con disparar unha fotografía co móbil á páxina da súa libreta Moleskine para rexistrar as súas anotación.

Vídeo de presentación do Moleskine Smart Writing Set

PUBLICIDADE