O Oppo R7s terá 4 GB de RAM
luns, 19 de outubro do 2015
O fabricante chinés Oppo continúa a mellorar o seu catálogo
de smartphones, e agora engade o Oppo R7s, teléfono de
elevadas prestacións e coidado deseño que veremos
en Europa no mes de decembro e que polo momento non sabemos o prezo que
terá, aÃnda que si o detalle das súas especificacións.
Un dos puntos fortes do Oppo R7s é a súa baterÃa de 3.070 mAh, que conta con
tecnoloxÃa carga rápida VOOC Flash Charge, de xeito que non só teriamos un
smartphone capaz de aguantar un dÃa enteiro sen problema, senón que con só 5
minutos de carga poderá facilitarnos enerxÃa dabondo para unha conversa
telefónica de 2 horas (chegando ao 90% de carga en só 50 minutos).
Estamos ante un smartphone de grande potencia, cun procesador de 8 núcleos
Qualcomm Snapdragon MSM8939, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas de memoria microSD de até 128 GB), pantalla AMOLED
Full HD de 5,5 polgadas, cámaras de 13 e 8 MpÃxeles, LTE, Wi-Fi AC, Bluetooth
4.0, un grosor de 6,95 milÃmetros e un peso de 155 gramos. Funciona con ColorOS
2.1 (baseado en Android 5.1) e conta cunha bandexa na que podemos introducir
unha micro SIM e unha nano SIM, ou unha micro SIM e unha microSD, de xeito que
temos as vantaxes de dobre SIM e ampliación de memoria interna mantendo unha
carcasa integral de metal que dota ao terminal de resistencia e elegancia.