O Redmi 9 estrearase a un prezo de partida de 139 euros
mércores, 10 de xuño do 2020
O smartphone
económico de referencia de Xiaomi estrea nova xeración, e xa é oficial o Redmi 9, que supón un grande salto
para un terminal do seu prezo, xa que estamos ante un dispositivo con pantalla
Full HD+ de 6,53 polgadas, cámara cuádrupla e grande baterÃa que ten un prezo
oficial de 149 euros con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento e 179 euros con 4
GB de RAM e 64 GB de almacenamento, aÃnda que cómpre salientar que durante 3
dÃas (a partir do seu lanzamento o dÃa 15) contará cun desconto de 10 euros.
O Redmi 9 funciona cun procesador Helio G80 (o que supón unha mellora de
rendemento do 82% no procesador e dun 309% na gráfica), a súa cámara traseira
conta cun sensor principal de 13 MpÃxeles, un ultra grande angular de 8
MpÃxeles, un sensor de profundidade de 2 MpÃxeles e unha lente macro de 5
MpÃxeles, mentres que a cámara frontal é de 8 MpÃxeles, ten unha rañura para 2
tarxetas nano-SIM (podendo aproveitarse un dos espazos para unha tarxeta
microSD), conta con conectividade Wi-Fi 5, Bluetooth 5.0, NFC (compatible con
Google Pay), emisor de infravermellos, conector para auriculares e radio FM,
lector de impresións dixitais traseiro e unha xenerosa baterÃa de 5.020 mAh con
carga rápida de 18 watts que permitirÃa até 19 horas de reprodución de vÃdeo ou
navegación web continua.
En vista desta configuración non resulta arriscado supor que vai ser un dos
móbiles máis vendidos en España durante o presente ano, xa que cubre a demanda
da meirande parte de consumidores e ofrece unha magnÃfica autonomÃa.
- O Redmi 9 poderase adquirir en 3 cores distintas (gris carbono, morado ocaso e verde oceánico)