O Wii MotionPlus non sairá antes do verán

luns, 16 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O verán pasado Nintendo anunciou o accesorio Wii MotionPlus, que suporía a reinvención do mando da Wii, pois melloraría a súa percepción de movemento dotándoo dunha precisión que se achegaría ao que o público esperaba nun primeiro momento da Wii (e do que o produto final quedou bastante lonxe), aínda que agora están a decepcionar os retrasos non lanzamento deste produto, pese a que dende a compañía nipona insisten en que non é posible que se retrase un produto do que nunca se anunciou unha data de lanzamento.
Nestes días Nintendo anunciou o que serían os lanzamentos para o vindeiro trimestre, entre os que estarían o xogos Punch-Out, Another Code: R, Pikmin 2 e Donkey Kong Jungle Beat (estes dous últimos, conversións da GameCube adaptándose ao novo sistema de control da Wii) pero sen rastro do Wii MotionPlus, polo que parece que como moi cedo veremos este agardado accesorio para o mes de xullo.

PUBLICIDADE