O ZTE V81 poderÃa proporse como alternativa económica ao iPad mini
martes, 29 de xaneiro do 2013
Adiantándose presumiblemente á súa estrea durante o Mobile
World Congress, xorde na web un novo tablet chinés, o ZTE
V81, que parece querer entrar nun mercado moi competitivo sen destacar en
prestacións, pois estamos ante un dispositivo con Android 4.1 e pantalla de 8
polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 pÃxeles (4:3) que funciona cun
procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento
interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb, banda larga móbil
(2G/3G), GPS, Wi-Fi N, cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles, USB, Bluetooth 2.1, saÃda
HDMI, baterÃa de 3.700 mAh e un grosor de 11,07 milÃmetros, que parece querer
competir co iPad mini, posiblemente cun prezo moito máis agresivo e incluso coa
posibilidade de que apareza nalgúns mercados con marcas distintas a ZTE
(posiblemente a do operador de telecomunicacións que o distribúa).