O enTourage eDGe redefine os dispositivos de lectura de libros electrónicos
martes, 20 de outubro do 2009
Nun momento no
que aparecen fabricantes de lectores de libros electrónicos por todos os
currunchos, aparecen un dispositivo realmente curioso, que non
chegará ao mercado ata febreiro de 2010 a un prezo un tanto elevado
(490 dólares) pero que poderÃa cambiar o xeito de ver o e-readers, xa que
estarÃa composto por unha pantalla de papel electrónico de 9,7 polgadas cunha
resolución de 1.200 x 825 pÃxeles e 16 niveis de gris e outra pantalla táctil
LCD de 10,1 polgadas e unha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, que inclúe
conectividade 3G (opcional), Wi-Fi e Bluetooth e funciona co sistema operativo
Google Android.
O enTourage
eDGe conta con 4 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas
SD, reproduce música en MP3 e vÃdeo en MP4 e 3GP, e a súa baterÃa recargable
asegúralle unha autonomÃa de ata 6 horas.
Estamos asà ante unha mestura entre lector de e-books e ultraportátil que
gozarÃa de bastante versatilidade, e que ao ler documentos en formato EPUB e
PDF permitirÃa o acceso a un importante número de contidos dispoñibles na Rede.