O playGo USB leva sen fÃos a música do PC ao noso equipo de alta fidelidade
venres, 26 de agosto do 2011
Os amantes da música que queiran escoitar os temas que teñen almacenados
nos seu ordenador noutros lugares do seu fogar teñen distintas solucións (como
o Airport Express ou os
equipos de Sonos) e para ampliar as opcións dispoñibles Bitcom achega o seu playGo USB, unha solución
composta por 2 partes: un emisor que se conecta ao ordenador por USB e un
receptor que permite
a súa conexión a un equipo de son de alta fidelidade mediante RCA ou cable
óptico.
O playGo USB pode operar ata a 22 metros de distancia, comunicando os seus
elementos sen fÃos na banda dos 2,4 GHz e con son a 24 bits, sendo doado de
configurar (pode comezar a enviar música sen fÃos en menos dun minuto). É
compatible con PC e Mac e o seu receptor ten botóns táctiles capacitivos coas
funcións de acendido/apagado, reprodución/pausa, canción anterior/seguinte e
control de volume.
Esta solución pode adquirirse por 399,99 dólares (275,99 euros) en cor branca ou laranxa.
- O receptor do playGo USB conta con botóns táctiles para controlar remotamente a música almacenada no PC