OhMiBod revolucionará o sexo telefónico en conxunción co iPhone

xoves, 3 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Pese a que Apple non está moi conforme cos produtos que desenvolve, OhMiBod continúa a adaptar os seus vibradores para os reprodutores iPod e a vindeira semana presentarán durante a Adult Entertainment Expo un destes dispositivos para o iPhone.
O fundador da empresa afirmou que dende a aparición do iPhone traballaron para facer os seus produtos compatibles, e parece que chegaron máis aló, pois agora «cando o iPhone se conecta a un OhMiBod e se recibe unha chamada, OhMiBod vibrará coa voz do interlocutor, característica que revolucionará realmente o sexo telefónico».
A compañía tamén presentar unha liña de vibradores para iPod chamados Naughtinano, que se venderán en cores rosa, negra, verde e azul, de xeito que farían xogo cos últimos iPod nano de Apple, e se venderán por 69 dólares.

PUBLICIDADE