Paquito Mix, o tabletófono para cativos de Imaginarium
venres, 24 de outubro do 2014
Dende Imaginarium continúan a apostar pola tecnoloxÃa para
os cativos, e tras o éxito das súas tabletas atrévense agora a comercializar un
tabletófono. Trátase concretamente do
Paquito
Mix, un smartphone con pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 854 x 480
pÃxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante microSD), dobre SIM, Wi-Fi, GPS,
cámaras de 8 e 0,3 MpÃxeles, e baterÃa de 2.000 mAh, que en especificación é un
terminal de gama baixa que como principal atractivo ten o incorporar unha
solución de control paterno, para que os proxenitores poidan estar tranquilos
sobre os contidos ao que pode acceder o seu cativo dende o móbil.
O Paquito Mix funciona con MagicOS X, un Android cunha capa gráfica
personalizada, que busca resultar atractivo para os cativos, aÃnda que a súa
principal barreira para chegar aos máis pequenos parece ser o seu prezo, que é
de 149 euros.