Presentan no Xapón un disco híbrido de Blu-ray e DVD

luns, 22 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A pasada fin de semana a empresa Infinity Storage Media presentou no Xapón o primeiro disco híbrido Blu-ray/DVD que estrearíase coa serie de televisión xaponesa Code Blue, composta por 4 discos híbridos que chegará ao mercado nipón en febreiro ao escandaloso prezo de 36.540 iens (292,32 €) mentres que a súa versión en 7 DVD tampouco sería moi económica (23.940 iens, ou sexa, 191,52 €).

Code Blue será a primeira serie editada neste novo formato

O novo formato de discos repartiría os contidos en varias capas, de xeito que nas 2 primeiras estarían os datos correspondentes a un DVD de dobre capa, que estarían separadas por unha película especial dunha terceira capa que almacenaría os datos correspondentes á versión en alta definición dos contidos. O segredo desta tecnoloxía estaría precisamente na película que separaría os contidos de DVD dos de Blu-ray, que se comportaría de xeito diferente ante a incidencia dun láser azul (Blu-ray) ou dun de cor vermella (a dos DVD tradicionais).
Non parece que esta tecnoloxía vaia a converterse nun formato habitual, principalmente pola súa complexidade técnica (nin sequera se sabe se chegará a venderse fóra do Xapón), pero podería servir para animar aos consumidores a adquirir discos en formato Blu-ray ante a posibilidade de que conten con certa retrocompatibilidade.

O novo soporte separa por capas os contidos para DVD e Blu-ray

PUBLICIDADE