Razer presenta fundas para refrixerar o móbil
mércores, 11 de setembro do 2019
Pensando
no uso do smartphone para gozar de videoxogos dende Razer presentan unhas novas
fundas que serven de protección á vez que axudan á disipación de calor dos
dispositivos grazas a ter unha capa de Thermaphene. As fundas Arctech de Razer
están dispoñibles para o Razer Phone 2 e para os iPhone dos anos 2018 e 2019.
As fundas Arctech axudan a refrixerar os smartphones (poden reducir a
temperatura até 6 graos centÃgrados), teñen unha capa de microfibra que protexe
o dispositivo de rabuñaduras e no seu exterior de elastómero achega protección
ante caÃdas e golpes. Este último factor é o que leva a que teñamos dúas
versións das fundas, de xeito que podemos facernos coas Arctech Slim no caso de
estar principalmente interesados nun bo comportamento térmico do noso móbil, ou
optar polas Arctech Pro e Arctech Pro THS Edition se queremos protexer os nosos
dispositivos dos impactos.
As fundas, compatibles con carga sen fÃos, poderanse mercar a prezos de 34,99,
44,99 e 49,99 euros para os seus modelos Slim, Pro e Pro THS Edition
respectivamente.
- As novas fundas de Razer serven para reducir a temperatura dos smartphones (pensando en longas xornadas de xogo) e protexelos ante caÃdas e golpes