Samsung presenta 2 novas cámaras compactas para vÃdeo HD e fotografÃas
martes, 23 de febreiro do 2010
Durante estes dÃas Samsung deu a coñecer unha serie de cámaras dixitais
válidas tanto para tirar fotografÃas coma para gravar vÃdeos en alta definición.
Estamos a falar das Samsung HMX-U20 e HMX-U15, que
funcionan con sensores CMOS de 10 e 14 MpÃxeles respectivamente e que permiten gravar vÃdeo a 1.080p a 30
fotogramas por segundo en formato H.264. Ambas cámaras incorporan o
sistema de estabilización de imaxe Hyper Digital Image Stabilization, pantalla
LCD de 2 polgadas, saÃda HDMI, conexión USB, función de gravación time-lapse (o que permite programa as
videocámaras para capturar unha imaxe cada 1, 5 10 ou 30 segundos) e no caso da HMX-U20, un zoom óptico de 3x.
Estas novas cámaras chegarán ao mercado a vindeira
primavera en cores negra, prata, vermella e azul e a 229 dólares a HMX-U15 e a
249 dólares a HMX-U20.