Samsung presenta unha nova alternativa aos Surface Pro
xoves, 18 de outubro do 2018
Como
alternativa aos equipos Surface Pro Samsung vén de lanzar un novo equipo moi
interesante, que cun formato parello ao das tabletas de Microsoft aposta por
integrar un procesador Qualcomm Snapdragon 850, propio de dispositivos móbiles,
de xeito que o
Galaxy Book2 serÃa un equipo 2-en-1 que terÃa como principal obxectivo estar
sempre conectado grazas ao 4G.
O Samsung
Galaxy Book2 funcionarÃa con Windows 10 (en modo S), contarÃa con
tecnoloxÃa Instant On (de xeito que
non haberÃa que esperar polo seu acendido) e combinarÃa tanto unha boa
conectividade Wi-Fi como Gigabit LTE, de xeito que poderÃa descargar unha pelÃcula
en alta definición en apenas uns segundos. Ao estar baseado nun procesador
móbil, tamén pode dicir adeus os modos de hibernación e espera, de xeito que a
axilidade de uso serÃa unha das súas principais virtudes. A súa baterÃa soporta
carga rápida e permitirÃa a reprodución de vÃdeo até máis de 20 horas seguidas.
O equipo está equipado cun lector de pegadas dixitais, de xeito que coa
tecnoloxÃa Windows Hello poderÃa desbloquearse ao instante, e para facer máis
completa a experiencia desta tableta con Windows 10, pode equiparse cunha
funda-teclado con retroiluminación e cun S Pen sensible á presión, non
precisando de carga por separado ningún destes accesorios.
Dende Samsung tamén destacan que este novo equipo lévase especialmente ben cos
smartphones da liña Galaxy, xa que grazas á aplicación Samsung Flow facilita a
transferencia de ficheiros entre ordenador e móbil ou incluso poden recibirse
as notificacións do móbil no ordenador.
Detallando as especificacións, o Samsung Galaxy Book2 ten unha pantalla sAMOLED
de 12 polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.440 pÃxeles, 4 GB de RAM, 128 GB
de almacenamento, cámaras de 8 e 5 MpÃxeles, 2 portos USB-C, lector de tarxetas
microSD, toma de auriculares, Wi-Fi AC e LTE, pesarÃa só 795 gramos e nos
EE.UU. sairá á venda por un prezo de 999,99 dólares incluÃndo o teclado e o S
Pen, de xeito que poderÃa ser unha grande alternativa ao Surface Pro con procesador
Intel Core m3, que véndese por 899 euros aos que haberÃa que engadir dende 149,99
euros pola funda-teclado e 109,99 euros polo lapis dixitalizador.