Sharp presenta unha pantalla LCD que cuadriplica a resolución da HDTV

xoves, 5 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Durante a feira CREATEC 2006 Sharp amosou o prototipo dunha pantalla LCD de 64 polgadas que acada unha resolución que cuadriplica á da alta definición, de xeito que incluso pode amosar 4 pantallas de alta definición simultaneamente sen perda de calidade.
A nova pantalla ten unha resolución de 4.096 x 2.160 píxeles fronte os 1.920 x 1.080 que apenas acadan a meirande parte das pantallas de alta definición do mercado, pero a nova pantalla, que aínda está en fase de desenvolvemento, tardará moito en chegar ó mercado de consumo, xa que polo momento dirixirase a producións de cine e televisión ou a aplicacións de investigación médica.
De tódolos xeitos, con estes avances Sharp deixa claro que a resolución das pantallas LCD aínda pode dar moito de si.

PUBLICIDADE