Sony deixa de distribuÃr unidades da PS2 no Xapón
venres, 28 de decembro do 2012
O 4 de marzo de 2000 foi a data na que chegou ao mercado xaponés
a PlayStation 2, consola chamada a repetir o éxito da primeira PlayStation, e
que só pola súa marca conseguiu eclipsar totalmente á Dreamcast de SEGA á vez
que contribuÃu á popularización do DVD como soporte (algo que non foi quen de
facer a PS3 co Blu-ray) e que segundo a revista
Famitsu está a dicir adeus no seu primeiro mercado, deixando Sony de remitir
novas unidades as tendas.
Pese a que a PS3 xa leva no mercado nipón dende 2006, a PS2 conseguiu manter
unha forte presenza comercial ata hai moi pouco, e incluso este ano contou con
xogos como Pro Evolution Soccer 2013
e FIFA 13, aÃnda que é comprensible
que Sony queira quitar do mapa a súa vella consola, pois agárdase que de cara
ao Nadal de 2013 estrea a que poderÃa ser a súa PlayStation 4.
Nestes máis de 12 a PlayStation 2 vendeu máis de 155 millóns de unidades dos
seus distintos modelos (lembremos que no outono de 2004 a PS2 estreou un modelo
Slim, marcando un camiño que máis adiante seguirÃan outros consolas como a PS3
e a propia Xbox 360). Hai un par de anos tamén chegamos a ver nas tendas un televisor BRAVIA
que integraba unha PS2, o que era unha interesante solución para mesturar
televisor, videoxogos e DVD nun único dispositivo, o que serve de exemplo da
popularidade da que aÃnda gozaba a vella PS2 a máis de 10 anos do seu
lanzamento.