Sube a audiencia da TDT en Galicia

mércores, 4 de febreiro do 2009 Raquel Noya

<a href="http://www.galiciae.com/nova/24542.html">Imaxe coa que Galiciae</a> ilustra o uso da TDT en GaliciaPese a que para finais de abril do vindeiro ano a televisión analóxica será substituída definitivamente pola dixital, este novo sistema aínda non está implantado todo o que poderiamos desexar no conxunto do estado español.
Iso sí, a TDT vén de bater unha marca histórica no pasado mes de xaneiro na nosa comunidade e achégase paseniñamente ao 20 por cento de audiencia (19,6 por cento).
A web da Sociedade da Información, que vén de publicar esta información, indica que, tamén subiron as emisión de satélite e de cable, máis, “en contraste”, baixou o uso das emisións analóxicas, que quedaron no 61,7 por cento.
A media de audiencia da TDT rexistrado no último mes en España, prosegue, “sitúase no 23,8 por cento”.
Por outra banda, e a propósito desta información, a web Galiciae publicou esta mañá unha entrevista en exclusiva a M. Lois, experto en telecomunicacións, quen, entre outras moitas curiosidades, apuntaba que “o 19 por cento dos galegos que ve televisión, faino a través de TDT”.

PUBLICIDADE