Ultraportátil de Gateway con procesador AMD

martes, 23 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O ultraportátil de baixo custo Gateway LT3100 chega ao mercado sorprendendo por funcionar cun procesador AMD Athlon 64 L110 a 1,2 GHz en vez dos típicos procesadores Intel Atom. Tamén conta cunha tarxeta gráfica ATI Radeon X1270, 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, Wi-Fi, webcam, lector de tarxetas de memoria, 3 portos USB 2.0, pantalla de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles e un peso de 1,4 quilos.
O prezo de venda nos EE.UU. deste equipo é de 399 dólares (283 euros), o que non está nada mal se temos en conta que vén cunha batería de 6 celas que podería achegarse unha autonomía dunhas 5 horas e que funciona co sistema operativo Windows Vista SP1.

PUBLICIDADE