Un accesorio permitirá usar Android Auto sen cables
luns, 7 de setembro do 2020
Nos últimos anos son moitos os vehÃculos que optaron por
integrar Android Auto como un xeito de poder aproveitar as aplicacións e
servizos que estamos afeitos a empregar no móbil cando imos no coche, para o que
era precisa a conexión do noso smartphone mediante cable, pero agora que está a
avanzar unha versión sen fÃos desta tecnoloxÃa, xorde en Indiegogo unha
campaña de micromecenado para facer realidade un accesorio chamada AAWireless
que promete adaptar a versión de cable de Android Auto para que funcione sen
fÃos.
Este trebello que verá a luz nos vindeiros meses ofrécese actualmente aos mecenas
a un prezo de 55 dólares, e permitirÃa que o usuario puidese levar o móbil no
peto mentres o ten conectado á pantalla interactiva que o seu vehÃculo ten no cadro
de instrumentos, en cargándose de establecer a comunicación un pequeno
accesorio (confÃase en que o produto teña un tamaño de 5 x 5 x 3 centÃmetros) conectado
ao USB do automóbil que como principal atractivo ten un prezo bastante axustado,
que poderÃa popularizar a actualización de sistemas Android Auto dun xeito
sinxelo e económico, aÃnda que cómpre
advertir que dificilmente conseguirá ser unha solución universal dada a
diversidade de vehÃculos e smartphones que hai no mercado (de xeito que algún
dispositivo en concreto poderÃa ter problemas de compatibilidade co
AAWireless).
VÃdeo promocional do AAWireless