Un videoblog axuda a preparar o exame teórico de conducir

luns, 17 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os internautas que estean a sacar o carné de conducir poden aproveitar agora un videoblog para reforzar os seus coñecementos sobre o Código de Circulación de cara ao exame teórico publicado baixo o dominio Carnetonline.es, e que pretende servir de axuda á xente que carece de tempo para asistir ás clases presenciais na súa Autoescola.
Os usuarios poden valorar as distintas clases virtuais e realizar comentarios, aínda que para ver os vídeos nos que se explican os distintos temas do Código é preciso rexistrarse, manténdose este servizo de balde.

PUBLICIDADE