Xa se vende en España o ultraportátil Dell Mini 9

luns, 29 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O ultraportátil de baixo custo de Dell, tras estrearse en varios mercados, chega a España sen facer ruído, vendéndose sen opcións de personalización a 319 euros (aos que habería que incluír 29 euros de gastos de envío de non adquirirse a través dunha das poucas tendas físicas que distribúen esta marca).
O Dell Inspiron Mini 9 funciona cun procesador Intel Atom a 1,6 GHz, con 1 Gb de RAM, 8 Gb de disco de memoria de estado sólido (que posiblemente conte en breve con opción de 16 Gb), pantalla con retroiluminación LED de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, webcam de 0,3 (da que tamén se podería ter a opción dunha de 1,3 Mpíxeles a curto prazo), 3 portos USB 2.0, Ethernet, Wi-Fi, Bluetooth, saída de VGA, lector de tarxetas de memoria 4-en-1 e altofalantes, destacando por ser un dos equipos cun prezo máis axustados dentro desta gama.
Polo momento só está dispoñible en cor negra co sistema operativo Ubunto Linux MID Edition 8.04 preinstalado (sendo compatible con Windows XP Home).

PUBLICIDADE