Mañá estréase a PlayStation Home Beta

mércores, 10 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Este xoves pola tarde Sony abrirá a todos os usuarios de PlayStation 3 o servizo PlayStation Home Beta, ou sexa, a versión de proba do que moitos entende que se trata do Second Life da PS3, pois consiste nun mundo virtual tridimensional no que os usuarios se moven mediante avatares personalizables e realistas (non coma os de Wii ou Xbox 360, que teñen unha aparencia máis infantil e simpática) e servirá para relacionarse entre eles así como para acceder a mini-xogos, vídeos, eventos especiais ou para iniciar partidas en rede.
A descarga da versión de proba de PlayStation Home poderá iniciarse directamente dende a columna de PlayStation Network no menú da PS3 (conectada á Internet), será de balde (aínda que podería contar con servizos premium) e con este lanzamento pretenden cumprir a promesa de lanzar esta plataforma antes de rematar o ano (aínda que non sexa na súa versión definitiva, pois nos vindeiros meses continuarán a incorporar melloras a este sistema).

PUBLICIDADE