Último engadido : 1 de outubro do 2007.

Este venres, 10 de abril, cúmprense 50 anos do pasamento de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888–1976), profesor, ensaísta, novelista, xeógrafo e xornalista, e unha das figuras máis completas e influentes da cultura galega: unha efeméride que o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra con novos materiais arredor da figura do polígrafo ourensán. Este venres 10 de abril póñense na Rede seis rexistros sonoros inéditos preservados no Arquivo Sonoro de Galicia que recollen intervencións do autor durante a súa viaxe que realizou a Bos Aires en 1959.

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e XesGalicia, e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), validou esta semana a selección dos proxectos que integrarán a fase de incubación da súa oitava edición.

Aplicar de xeito responsábel a intelixencia artificial aos servizos de saúde é un grande reto no que Galicia segue avanzando. Desta volta falamos dun dun programa estratéxico centrado nos fundamentos, a regulación e as aplicacións reais da IA para a toma de decisións que permitiu formar xa a máis dunha trintena de responsábeis de dirección do eido tecnolóxico e sanitario, tanto do sector público coma no privado, da man do Clúster de Saúde de Galicia (CSG) e a Cátedra USC Plexus de Intelixencia Artificial en Medicamento Personalizado de Precisión (CAMELIA). Para iso, ambas as entidades organizaron tres xornadas formativas presenciais no CiTIUS da USC.

Senén Barro, director científico do CiTIUS da Universidade de Santiago (USC) vai presidir o Comité Asesor do Laboratorio de Ideas de IA da axencia AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial) con sede na Coruña, presentado este 9 de abril no Pazo de Mariñán da Deputación da Coruña e dirixido a impulsar unha intelixencia artificial ética e de confianza.

Este xoves presentáronse en Lugo os nomes dos nomeados aos premios Dalle Like Galinfuencers 2026, iniciativa que pretende recoñecer, amosar e celebrar o talento dos creadores de contido de Galicia que, a través das redes sociais, contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores galegos.

O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) acolleu este xoves 9 de abril a VII Xornada Cadea de Subministro Aeronáutica Española, promovida pola Asociación Española de Empresas Tecnolóxicas de Defensa, Seguridade, Aeronáutica e Espazo (TEDAE) e por ASIME. No encontro participou a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, quen sinalou que Galicia conta cun ecosistema industrial aeronáutico e aeroespacial “sólido e recoñecido”, que inclúe desde grandes fabricantes con presenza internacional ata empresas especializadas en mecanizado, estruturas, sistemas de control e mantemento.

O pasado 10 de febreiro o estudio de videoxogos coruñés Aruma Studios estreou en Steam a súa última creación, Shadows of the Afterland, unha aventura point‑and‑click que combina misterio policial, humor sobrenatural e unha estética pixel art que recrea o Madrid dos anos 60. Os responsables do estudio, Rubén López e Silvia Izquierdo, xa nos comentaron no seu momento que cando veu a luz o xogo en PC a versión para Nintendo Switch estaba en marcha e xa era plenamente xogable, confirmando o pasado 23 de marzo que xa remitiran esa versión do xogo a Nintendo para a súa revisión, e finalmente a compañía nipoa deu luz verde a este xogo galego, que verá a luz en Nintendo Switch o vindeiro 5 de maio.

Os presidentes de PuntoGal, Manuel González González e da Asociación Galega de Profesionais Ilustración, AGPI, Laura Romero, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a AGPI se compromete promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión e dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal. Grazas a este acordo, os socios de AGPI poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos. A sinatura realizouse de xeito telemático.

Razer anunciou a nova xeración dos seus auriculares sen fíos para xogadores coa presentación dos Hammerhead V3 HyperSpeed, deseñados para ofrecer unha experiencia de audio consistente en diferentes plataformas, desde PC ata móbiles e consolas portátiles.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, escenificou o seu apoio á industria do videoxogo cunha visita ao OXO Museo de Madrid, onde mantivo un encontro con representantes destacados do sector. Entre eles atopábase Mauricio García, presidente de DEV (Asociación Española de Empresas Productoras y Desarrolladoras de Videojuegos y Software de Entretenimiento), nunha cita que busca reforzar o diálogo institucional cunha industria en crecemento.

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, interveu esta mañá na Coruña no acto de presentación do Laboratorio de Ideas da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia artificial (AESIA), un órgano que permitirá a España avanzar na carreira “por ser vangarda na regulación da IA e en non permitir que xere un retroceso civilizatorio”. Así o expresou o ministro, que agradeceu o seu labor aos membros da dirección do Laboratorio e do Comité Asesor que o co-liderará e que estará composto por unha trintena de persoas referentes no sector académico, público, empresarial e sindical.

Este 11 de abril vai brillar en Burgos o talento tecnolóxico da rapazada galega, concretamente na final da competición robótica FIRST LEGO League España.

No Ano das Letras de Begoña Caamaño, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reivindica a súa figura como xornalista cun podcast dirixido por Lucía Junquera, do que este 9 de abril estréase o primeiro episodio, e un encontro periodístico que se desenvolverá o vindeiro sábado 25 de abril na Casa das Máquinas de Santiago. Estes actos, agrupados baixo a denominación Poñer a voz, están realizados coa subvención da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, recibiu na mañá deste xoves 9 de abril ao ministro para a Transformación Dixital e a Función Pública, Óscar López, no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), na súa sede do Campus Sur de Santiago.
Espallar a cultura científica e estimular a vocación investigadora entre o alumnado de Bacharelato é o obxectivo que se marca o Premio Stephen Hawking, que xa vai pola súa oitava edición. Detrás deste certame atopamos ao IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia e Universidades e o apoio de entidades como FINSA, Ternera Gallega e Feiraco.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de abril un novo obradoiro de transformación tecnolóxica ao servizo de pemes e persoas emprendedoras e autónomas, a través do Coworking Dixital Compostela. Trátase do Obradoiro Práctico de Publicidade Dixital para Pemes e Emprendedores. Será o mércores 15 de abril ás 10.00 horas. A persoa encargada de impartir os contidos será Javi Rocamora.

A Real Academia Galega estrea no serán deste xoves 9 de abril o audiovisual Begoña Caamaño Caamaño: navegar no pracer do azul, cuxo tráiler podemos ver en Youtube a xeito de avance. O documental que produce co gallo das Letras Galegas 2026, realizado por Miramemira con Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez na dirección e o guión, poderá verse a partir das 21:00 horas en academia.gal e na canle de Youtube da RAG.

A Facultade de Ciencias da Educación desenvolveu este mércores 8 de abril unha xornada baixo o título A Pedagox(IA) do futuro coa finalidade de promover a reflexión sobre o uso da intelixencia artificial na educación e a súa influencia no futuro da Pedagoxía.

Meta deu a coñecer Muse Spark, o primeiro modelo desenvolvido por Meta Superintelligence Labs (MSL), unha nova xeración de sistemas de intelixencia artificial deseñados especificamente para integrarse nos seus produtos e priorizar a interacción coas persoas. Este lanzamento aseguran que é un primeiro paso cara a unha superintelixencia persoal, concibida como un asistente capaz de axudar en tarefas relevantes da vida cotiá.

A saga Forza Horizon prepara unha das súas entregas máis ambiciosas cunha nova proposta centrada na exploración e na liberdade do xogador. Forza Horizon 6, que se lanzará o 19 de maio de 2026, traslada a acción a un Xapón recreado con grande detalle, no que o usuario adopta o papel dun turista do festival Horizon en lugar do habitual piloto consolidado.
· O Arquivo Sonoro de Galicia pon na Rede conferencias inéditas de Otero Pedrayo polo seu 50 cabodano
· BFFood selecciona 16 proxectos innovadores para a súa fase de incubación
· Galicia aumenta a súa formación en IA responsábel e saúde
· O CiTIUS será unha das pezas claves do novo Laboratorio de Ideas en IA da AESIA
· O premios Dalle Like entregaranse o vindeiro 16 de maio no Círculo das Artes de Lugo
· A Xunta reivindica na Tecnópole o lugar destacado da industria aeroespacial galega
· O videoxogo galego Shadows of the Afterland chegará a Switch o mes que vén
· PuntoGal e AGPI colaborarán a prol do uso do dominio galego entre os ilustradores galegos
· Razer renova os seus auriculares sen fíos
· Pedro Sánchez salienta o compromiso do Goberno coa industria do videoxogo
· A AESIA crea o seu Laboratorio de Ideas
· Equipos da Pobra, Narón e Vigo representarán a Galicia este sábado na FIRST LEGO League España
· O Colexio de Xornalistas celebra a Begoña Caamaño cun podcast e unha xornada
· Galicia mostra ao ministro para a Transformación Dixital as capacidades do CESGA
· O IES Rosalía de Castro volve convocar o Premio Stephen Hawkins
· A Cámara de Comercio e Javi Rocamora mostran os segredos da publicidade dixital
· A RAG estrea na Rede o documental conmemorativo do legado literario de Begoña Caamaño
· Exploran en Ciencias da Educación da USC o uso da IA na pedagoxía
· Meta presenta Muse Spark, o seu novo modelo de IA centrado nas persoas
· Forza Horizon 6 aposta pola exploración cun mundo aberto ambientado no Xapón
· Gemini para o fogar chega a España en acceso anticipado
· Unha pantalla magnética permite facer selfies coa cámara traseira do móbil
· Coruña Bloggers celebrará o seu décimo aniversario cunha edición especial o 6 de xuño
· Modogalegoames.gal reivindica a nosa lingua nun gran festival o 17 de abril
· Comeza a conta atrás para a fase galega do concurso AdaByron, o 24 de abril
· WhatsApp prepara o lanzamento progresivo de nomes de usuario para reforzar a privacidade
· PuntoGal e Espiga colaboran para levar a creación de videoxogos ao ámbito educativo
· Abanca lanza a 12ª edición do seu Programa para Startups