FEUGA lanza un evento para co-crear solucións en emprendemento rural ao abeiro de InnovationGUIDE

xoves, 11 de abril do 2024 S. P.

A Fundación-Empresa-Universidade Galega, ao abeiro da súa participación no proxecto europeo InnovationGUIDE (enmarcado na convocatoria European Innovation Ecosystem), vai organizar un evento rexional destinado a impulsar a innovación e o emprendemento rural e a reunir novos axentes e ecosistemas do ámbito da UE interesados en achegar coñecemento e potenciar as oportunidades do emprendemento rural en sectores cruciais como como a agricultura, o turismo sustentábel, a bioeconomía e a economía azul.
O evento Da idea ao mercado: impulsando o emprendemento rural a través da innovación terá lugar o día 20 de xuño en Santiago de Compostela, nas instalacións de FEUGA.
Segundo informa a fundación, “non só será unha oportunidade para conectar cos principais actores do sector, incluíndo emprendedores, ONG, académicos e organismos públicos, senón que tamén será un espazo para inspirarse con exemplos reais de boas prácticas, discutir necesidades que servirán de base para transmitir solucións innovadoras aos desafíos que enfronta o emprendemento rural en Europa”.
FEUGA engade que Aao ser parte de InnovationGUIDE, os participantes “entrarán nunha rede internacional que integra a diversos actores que se enfrontan a retos similares, accederán a información sobre oportunidades de financiamento, boas prácticas en igualdade de xénero e información sobre as actividades do proxecto”.
O camiño para formar parte da rede stakeholders está xa aberto a través da Rede.
FEUGA engade que InnovationGUIDE está comprometido en establecer unha asemblea de innovación interrexional, conectando con ecosistemas de innovación en Turquía, Países Baixos e Malta, cunha visión a longo prazo para mellorar o crecemento económico nas áreas rurais. “Estas sinerxías permitirán desenvolver novas ideas, produtos e servizos que aborden os retos e oportunidades locais en emprendemento rural”, explica a fundación.
InnovationGUIDE é un programa financiado pola Unión Europea que busca impulsar o emprendemento zonas rurais en agricultura, bioeconomía, pesca e turismo sustentábel, permitindo a emprendedores e startups aproveitar atraer a novos investidores, reforzar os mercados financeiros e promover un crecemento económico sostible e integrador.
O proxecto está integrado pola Asemblea de Exportadores Turcos (TIM), a Universidade de Maastricht, a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), o Malta College of Arts Science and Technology (MCAST), a Asociación de Emprendedores Sociais de Malta (SEAM) e o StartupCentrum.

PUBLICIDADE