Microsoft pensa que a morte do HD DVD non afectará á Xbox 360

martes, 19 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Unidade externa HD DVD para a Xbox 360

Aparte de Toshiba, a empresa que máis apostou polo HD DVD foi sen dúbida Microsoft, pero o abandono do formato de alta definición por parte do fabricante nipón podería non afectar de xeito moi grave á compañía de Redmond, pois aseguran que «non cremos que os informes recentes sobre o HD DVD teñan un impacto real sobre a plataforma Xbox 360 ou a nosa posición no mercado» pois pensan que o éxito das consolas de videoxogos non se sostén na posibilidade de ver películas dende as mesmas, senón nos xogos.
Nun principio Microsoft se adiantou a Sony lanzando a súa consola de alta definición sen disco óptico para os novos formatos, de xeito que o HD DVD era unha opción de ampliación, o que permitiu á Xbox 360 adiantarse no mercado 1 ano con respecto da PS3 e, amais, tamén protexe á consola da fin do HD DVD, pois nada impide que no futuro lancen unha unidade Blu-ray externa (ou mesmo a integren en futuras unidades).

PUBLICIDADE