Os MP3 a tope de volume, un perigo serio para os nosos oÃdos
venres, 7 de setembro do 2007
Nun recente artigo publicado na
páxina da BBC, os responsables do Real Instituto Nacional para Xordos (The Royal National Institute for Deaf
People) advirten que segundo un estudo levado a cabo no Reino Unido, máis
da metade dos usuarios de reprodutores MP3 escoitan a súa música a volumes perigosos
que poderÃan levar a irreversibles danos no conxunto auditivo.
Polo publicado no devandito escrito, dos 110 usuarios
de MP3 que participaron na enquisa, 72 soben os volumes dos seus reprodutores
alén dos 85 decibelios, nivel que segundo a Organización Mundial da Saúde, pode
causar danos auditivos se o tempo de exposición se estende por máis dunha hora.
Neste senso, a sondaxe tamén deu como resultado que a metade dos mozos que usan
estes trebellos fano por máis dunha hora diaria, e nunha media de 21 horas por
semana.
De todo o dito pódese deducir que neste
panorama moitas persoas poderÃan ter graves problemas aditivos nun futuro e as
autoridades están á procura de xeitos de concienciar á sociedade dos problemas
derivados do mal uso deste gadget,
probablemente o máis espallado hoxe en dÃa, con unha taxa de venda anual que no
ano pasado acadou os 8 millóns de unidades só no Reino Unido.
As medidas que se estudan para evitar este problemático costume son, por unha banda, obrigar ós fabricantes a que doten ós seus aparellos de volumes estandarizados e uniformes, amais de imprimir claramente nas embalaxes os problemas derivados do uso dun son elevado. Como recomendación adicional, a fundación británica responsable do estudo sinala que o mellor é gastar algo máis de diñeiro e mercar auriculares que illen o ruÃdo exterior permitindo asà baixar o son dos nosos reprodutores.