Radiohead publica os seus 7 primeiros álbums nunha memoria USB

mércores, 7 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O grupo musical Radiohead estreará o vindeiro día 10 de decembro unha memoria USB de 4 Gb de capacidade cos seus primeiros 7 discos pre-cargados en formato WAV (a mesma calidade que un CD convencional) así como coas imaxes dos libretos e as cubertas dos discos.
A memoria USB ten a forma da cara de oso que Radiohead emprega coma icona e vén nunha caixa de luxo, aínda que o seu prezo é algo elevado, xa que custa 79,99 libras esterlinas (114,55 euros).
Esta edición limitada se venderá só a través da Internet, e xa se pode reservar.

PUBLICIDADE